Premio fin de grao
O vindeiro venres 4 de xuño ás 10:15 está prevista no auditorio do conservatorio a celebración da proba correspondente ao premio fin de grao das ensinanzas profesionais. A orde de participación será por especialidade como segue: frauta, clarinete e saxofón. Despois, en cada especialidade, a orde seguida será alfabética considerando os apelidos do alumnado participante. En todo caso, o tempo…

A ligazón de abaixo recolle a composición do tribunal correspondente á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental. A proba levarase a cabo dende o vindeiro luns 14 de xuño en horario de tarde. Con anterioridade á proba publicaranse as datas, horarios e lugar de celebración.Tribunal da proba de acceso a 1º curso do grao elemental…