Categoría: Concertos

PROXECTOS COLABORATIVOS

Acaba de ver a luz un espazo web con documentación audiovisual, textual e fotográfica que amosa o traballo realizado por alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, Cardinais - Academia Internacional Vertixe Sonora e Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón nunha serie proxectos colaborativos conxuntos desenvolvidos entre 2010…

Noelia Rodiles no CMUS

O vindeiro 23 de maio ás 20:30 horas poderemos gozar do fantástico concerto que Noelia Rodiles interpretará no noso conservatorio dentro do  Festival de Música Cidade de Lugo-50º Semana de Música do Corpus.Noelia Rodiles tocou como solista xunto a orquestras como a Orquestra Nacional de España, Orquestra da Radio Televisión Española, Orquestra da Comunidade de Madrid, a Sinfónica do Principado…

O NENO DE PAU. CONTO MUSICAL

Os días 4 e 5 de maio, diversos colexios da provincia de Lugo tiveron a oportunidade de acudir ao auditorio do noso conservatorio para gozar con nós da representación do conto musical O neno de pau de Toni Cantal, na que se mesturaron música instrumental e vocal, narración e maxia.Nela participou un ensemble instrumental de profesores do conservatorio, a ilusionista Lore…

Concerto da Banda Xosé Castiñeira

O luns 15 de maio ás 19:00 poderemos gozar do concerto que a Banda Xosé Castiñeira dará no auditorio do noso conservatorio.Celebrade con nós o día das nosas letras!!…

FESTIVAL DE MÚSICA CIDADE DE LUGO

Un ano máis, o Festival de Música Cidade de Lugo-50º Semana de Música do Corpus, presenta a súa espectacular programación.Do sábado 20 de maio ao 9 de xuño celebrarase na cidade de Lugo a 50ª edición do decano dos festivais galegos e un dos máis antigos do estado.Podes descargar o programa nesta ligazón.Todos os concertos celebraranse no Círculo das…

Actividades Letras Galegas

O vindeiro martes 16 de maio, poderemos gozar dun día festivo no que conmemoraremos o Día das Letras Galegas con distintas actividades.Comezaremos os festexos ás 18:00h no auditorio cun fantástico concerto, no que participarán Antonio Queija (piano), Lorena Rodríguez (clarinete) e o Coro do Grao Profesional dirixido por Henar Matesanz.Unha vez rematado, ás 18:30h trasladarémonos aos xardíns do aparcadoiro para gozar da…

PREMIOS DA FINAL DO CONCURSO XOSÉ CASTIÑEIRA

Logo de celebrarse onte a final do Concurso de interpretación Xosé Castiñeira, xa temos o fallo do xurado:1º Premio e Artista Residente da Sociedade Filarmónica de Lugo para a tempada 2023-24: Gerald David Vázquez Fernández - clarinete2º Premio: Álex Barcala Castro - piano3º Premio: Miguel Alonso Prada - óboeNoraboa a tódolos participantes por facernos gozar onte coa súa música, e vémonos na entrega…

FINAL CONCURSO INTERPRETACIÓN XOSÉ CASTIÑEIRA

O vindeiro martes 2 de maio terá lugar, dende as 19:00 horas, a final do Concurso de Interpretación Xosé Castiñeira no auditorio do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo.A orde de intervención, onde poderemos gozar da interpretación dos 3 finalistas, será a seguinte:19:00h: Miguel Alonso Prada, que interpretará o Solo de concurso nº1, op.33 para óboe e piano…

CRÍTICA UNIVERSO REICH

A revista Scherzo ven de publicar unha crítica de Paco Yáñez sobre o fantástico proxecto educativo Universo Reich, dirixido por Diego Ventoso. Este espectáculo multidisciplinar no que se fusiona música, danza, fotografía, videocreación e xestión cultural e no que participou alumnado de distintos centros educativos como o noso conservatorio entre outros conservatorios de música (participantes da Academia Cardinais de Vertixe…

CONCERTO DE BOROA

O vindeiro xoves 13 de abril poderemos gozar da presentación do disco O Clásico Fol, do grupo Boroa. No concerto poderemos escoitar a catro magníficos músicos: Sabela Olivares, que  foi profesora de gaita do noso conservatorio, Suso Bello (guitarra e voz), Alberto Millán (baixo) e Javier A. Gómez, que é profesor de percusión do noso conservatorio. Animádevos e non o perdades!! …

UNIVERSO REICH

O vindeiro martes 11 de abril ás 20:00h poderemos presenciar no Auditorio Gustavo Freire, Unverso Reich, o primeiro concerto do XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.Universo Reich presentará a lexendaria peza Music for 18 Musicians do compositor norteamericano Steve Reich nun espectáculo que contará coa participación de máis de 100 estudantes de diferentes especialidades artísticas, entre os que…

XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo. MIHLSons-XXI

Durante o mes de abril terá lugar o XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo. MIHLSons-XXI.Lonxe de quedar no esquecemento, a chamada «música das esferas» foi constantemente reformulada e sacada a colación por multitude de teóricos, músicos e astrónomos durante a Idade Media, podéndose encontrar aínda no pensamento cartesiano dalgunha das personalidades máis importantes do Século das Luces.Partindo desta…

CONCERTO CORO INFANTIL DE PRIMAVERA

Mañá martes 28 de marzo, ás 17:00, poderemos gozar do fantástico concerto de primavera no auditorio do conservatorio a cargo do coro infantil . Agardámosvos!!!…

CONCERTO DE PRIMAVERA DO CORO

Hoxe, martes 21 de marzo ás 18:00, poderemos gozar do fantástico concerto de primavera no auditorio do conservatorio a cargo do coro do conservatorio . Agardámosvos!!!…

Intercambio co CMUS de A Coruña

O vindeiro mércores 22 as nosas dúas bandas, Xosé Castiñeira e Indalecio Fernández Groba, levarán a cabo un intercambio coas dúas bandas das ensinanzas profesionais do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña. Con posterioridade, o mércores 29, será o noso centro o que visite o conservatorio coruñés.En canto ao primeiro encontro, están programados dous concertos, un ás 17:30 e…

EVE CORNELIOUS

O luns 27 de marzo estará no noso conservatorio a cantante de jazz Eve Cornelious (Nova Jersey, EEUU).Nesta visita ao noso centro realizará as seguintes actividades:clase maxistral entre as 18:30 e as 20:00. concerto ás 20:15. Para poder asistir tanto á clase maxistral como ao concerto, podedes consultar todo a información premendo nesta ligazón.Lembrade que todo o público alleo ao noso conservatorio, agás…

CREANDO SINERXÍAS

Creando Sinerxía é un proxecto pedagóxico de innovación educativa organizado polo Consmupa no que participan profesorado e alumnado de clarinete de varios conservatorios de Asturias e nesta edición, o noso conservatorio e a escola municipal de música de Lugo.Logo das actividades do anterior fin de semana e Oviedo, este proxecto viaxa á nosa cidade, e o domingo 12 ás…

Día de Rosalía

O vindeiro xoves día 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, celebraremos o Día de Rosalía en conxunto coa Escola de Idiomas. No acto conmemorativo actuará o ensemble de clarinetes do noso conservatorio, alumnado da EOI, que recitará os versos da autora galega nos sete idiomas que se imparten na escola e unha intérprete de signos…

Celebración do Día da Paz

O vindeiro luns día 30, co gallo do Día da Paz, o alumnado participante do curso de iniciación realizará unha pequena actuación no Hall do conservatorio. Esta actuación terá dous pases, nos que intervirán os distintos grupos do curso:  ás 17:15h e ás 19:15h.Celebremos o Día da Paz todos xuntos!!…

Concertos de nadal

Na derradeira semana deste mes de nadal, celebraremos estas festas con varios concertos de distintas agrupacións do noso conservatorio. O mércores día 21 actuarán as bandas Xosé Castiñeira e Indalecio F. Groba, as 18:00 e 20:00 respectivamente.O xoves día 22, ás 17:30, comezaremos a xornada gozando do concerto conxunto da banda e orquesta do grao elemental.Para rematar a xornada,…

Foliada de sta Icía

Para rematar as actividades desta semana de Sta Icía, lembrade que mañá xoves 24 de novembro entre as 19:30 e as 21:00 celabrarase unha foliada na que todos os asistentes poderán tocar, cantar, bailar....Anímate, colle o teu instrumento e ven a pasalo ben!!…

Actividades de Sta Icía

Nesta semana celebraremos a festividade de Sta. Icía con diversas actividades, comezando o martes día 22 ás 17:30 cunha actividade organizada polo CDAN: a proxección da obra mestra de Charles Chaplin de cine mudo The Kid, onde o pianista Fran Rey será o encargado de facernos vivir a experiencia das primeiras salas de cine mudo con música en directo. Este mesmo día…

Concerto de Sta Icía

O vindeiro martes 22 de novembro ás 20:00 terá lugar no auditorio do conservatorio o Concerto de Sta. Icía, no que participarán alumnado e profesorado do centro.  Achegádevos e gozade coa música!!…

UNIVERSO REICH

«Universo Reich» é un proxecto pedagóxico colaborativo desenvolvido por alumnado de escenografía e deseño audiovidual, danza contemporánea e música da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e da Academia Internacional Cardinais 2022/2023 de Vertixe Sonora (na que participa alumnado do noso conservatorio), respectivamente. Tomando como punto de partida a lexendaria peza musical…

Música para 18 Músicos de Steve Reich

Trala suspensión do concerto da Música para 18 Músicos de Steve Reich prevista para o pasado día 30, dentro do proxecto Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022, no que participan 9 alumnos e exalumnos do noso conservatorio, amáis de Diego Ventoso (profesor de percusión), finalmente hai unha nova data para realizar a interpretación do mesmo: domingo 4 de setembro ás 13 h no…

Música para 18 Músicos de Steve Reich

O martes 30 agosto ás 20:00h, celebrarase o Festival C na Praza das Praterías de Santiago de Compostela, na que un ensemble formado por 18 músicos interpretarán a MÚSICA PARA 18 MÚSICOS de Steve Reich, unha das súas grandes composicións, e considerada como "unha das obras que pode reclamar con razón ter alterado o curso da música occidental".O autor novaiorquino é un…

Rethinking Bach: As Variacións Goldberg transcritas para violín solo

O martes 31 de maio está prevista a celebración no noso auditorio dun dos concertos que forman parte da programación do Festival de Música Cidade de Lugo deste ano 2022. O centro recupera a presenza de concertos deste festival no seu auditorio, nova que, sen dúbida, cómpre salientar.Para este regreso dun evento do festival ao auditorio escolleuse un concerto de…

Orquestras no Vello Cárcere

O mércores 18 de maio ás 19:00 terá lugar no Vello Cárcere un concerto no que participarán a orquestra infantil e as dúas orquestras do Grao Profesional do noso conservatorio.A entrada será gratuíta e libre ata completar a cabida da sala.Consulta aquí o programa…

Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes Lugo 2022-05-06 09:52:00

O vindeiro martes 10 de maio ás 18:30 poderemos gozar dun fantástico concerto dos coros feminino feminino e mixto no auditorio do conservatorio para celebrar o Día das LetrasGalegas. Por mor dos problemas de cabida no noso auditorio derivados do protocolo covid,a entrada do público estará limitada a unha persoa por particiante no concerto.…

Bandas no Gustavo Freire

O mércores 4 de mairo ás 19:30 terá lugar o concerto do encontro de banda no Auditorio Gustavo FreireAs dúas bandas do grao profesional: Banda Xosé Castiñeira e Banda Indalecio F. Groba interpretarán obras de Julio Montero, María Mendoza (o conto musical "la bella durmiente") e música dos Beatles.A entrada será gratuíta e será necesrio reservala na seguinte ligazón.Consulta…

Smart-Alineation

O Sábado 30 de abril ás 19:00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.PROGRAMAYannis Kyriakides The arrest (2010) ensemble, vídeo e electrónicaIgor Silva Smart-alienation (2016) ensemble, electrónica e vídeoPierre Jodlowski People/Time (2003, rev. 2016) ensemble, vídeo e electrónicaENSEMBLE IXOR Mencía Resch frauta | Diego Bermúdez, José Romero clarinete | Sergio…

ChumA

Hoxe, domingo 24 de abril poderemos asistir ás 19:00h no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.En ChumA preséntase un concerto monográfico do compositor colombiano residente en Xenebra, Daniel Zea, un dos máis activos creadores na escena multimedia internacional. No programa preséntase en exclusiva mundial a obra que da título ao concerto, o…

O conservatorio na rúa!!

Dende o mércores 20 de abril ata o venres 29 de abril, distintas agrupacións instrumentais do noso centro actuarán nas rúas do centro da cidade de Lugo.…

Un ruído estrano e sagrado

O Sábado 9 de abril ás 19:00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.O ruído -son complexo e aperiódico- tócanos e móvenos de xeitos profundos e misteriosos. Un ruido estrano e sagrado é unha celebración do ruído como metáfora dos fenómenos turbulentos do mundo que nos rodea, e unha porta…

Estudos Coreográficos

O Sábado 2 de abril poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.18:30. CHARLA DIDÁCTICAMiquel Bernat, percusionista de renome, explicará o proxecto que presenta nesta edición do MIHLSONS e que inclúe música de Polo Vallejo, Luís Tinoco, José Manuel López López, Guillermo Lauzurica, Pedro Lima, Vasco Mendoça.19:00. CONCERTOPrograma:- Polo Vallejo Tactus (2006)…

Estudos de concerto: Clase maxistral de Miquel Bernat

O vindeiro luns 4 de abril, teremos a fortuna de contar con Miquel Bernat no noso conservatorio, onde impartirá entre as 19:00 e as 20:30 a clase maxistral Estudos de concerto, que parte dunha longa investigación que supón un auténtico fito no desenvolvemento das posibilidades técnicas e expresivas da marimba, sendo concebida, ademáis, como un proxecto de divulgación do instrumento apoiado pola…

Concerto de Lorenzo Mesaguer e Virginia del Cura

O vindeiro luns 28 de marzo ás 20:00 teremos o pracer de disfrutar dun concerto de violonchelos a cargo de Lorenzo Mesaguer e Virginia del Cura no auditorio do conservatorio.A entrada será libre ata completar a cabida e lembrade que é necesario reservar a localidade.Podedes facer a reserva na seguinte ligazón.…

Muller e instrumentos de vento no S.XX. Olvidadas ou ignoradas?

O xoves 24 de marzo teremos a oportunidade de aprender e gozar coa interesantísima Conferencia-concerto Muller e instrumentos de vento no S.XX a cargo de Antonio Fernández e Ferbelia Ensemble.O pasado século XX foi un dos máis prolíficos na literatura para os instrumentos de vento-madeira e, coa aportación dunha perspectiva de xénero, podemos dicir que foron moitas as mulleres que…

X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo. MIHLSons-XXI

Durante o mes de abril terá lugar o X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.A idea unificadora dos catro concertos presentados no X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo «MIHLSons-XXI» é a de explorar e trascender as nocións habitualmente asociadas á relación música-espazo, para o cal contaremos cun marco arquitectónico tan especial como a Caixa Negra do MIHL. Desta forma, cada…

Mundo pequeno

O sábado 26 de marzo ás 19.00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do Ciclo Latexos 22. Vertixe Sonora presenta en estreas absolutas as novas composicións para este proxecto de Lula Romero, Luc Döbereiner e Jeremías Iturra, xunto a estrea en Europa da composición de Wolf Edwards.A partires da idea de mundo pequeño, das conexións entre diferentes elementos que…

Concerto do coro infantil

O vindeiro luns 21 de marzo ás 18:00 poderemos gozar dun fantástico concerto do coro infantil no auditorio do conservatorio. Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)…

Concerto do Día da Muller

O martes 8 de marzo ás 18:00 celebraremos o Día da muller cun marabilloso concerto no auditorio do conservatorio a cargo de Cantar Delas e o Coro Feminino do CMUS Xoán Montes.A entrada será libre ata completar a cabida do auditorio e lembrade que é necesario reservar a localidade.Podedes facer a reserva na seguinte ligazón.…

Tremor

O domingo 13 de febreiro ás 19.00h poderemos asistir no Auditorio do noso conservatorio a un novo concerto do Ciclo Latexos 22.O concerto, que estará a cargo de Vertixe Sonora, será de balde e nel interpretarase o seguinte programa:Tianyu Zou (1996) | Quintet* [2021] para saxofón, acordeón, guitarra eléctrica, piano e percusiónHeather B. Frasch (1980) | Quivering** [2016] para saxofón, guitarra eléctrica,…

Bandas no Gustavo Freire

O mércores 19 de xaneiro ás 19:30 terá lugar o concerto do encontro de banda no Auditorio Gustavo FreireAs dúas bandas do grao profesional: Banda Xosé Castiñeira e Banda Indalecio F. Groba interpretarán un interesante programa inspirado no Renacemento.A entrada será gratuíta e será necesrio reservala na seguinte ligazón…

New Music Blind Date

O venres 21 de xaneiro ás 20.30h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do Ciclo Latexos 22.O concerto, que será de balde, estará a cargo de Vertixe Sonora e New Babylon Ensemble e interpretarán o seguinte programa:Ramón Souto BLIND (2021) ensemble e dispositivos electrónicosÂngela da Ponte Interaction (2021) ensemble e electrónicaAlexander F. Müller If there’s no one else to blame… II (2021)…

Reserva de entradas!!

Xa está dispoñible na columna esquerda da páxina web a ligazón para poder reservar entradas nas actividades que sexa necesario:Tamén podedes atopala na axenda de actividades:

Concertos de Nadal!

O luns día 20 e martes día 22 celebraremos o Nadal con distintos concertos no noso auditorio. Agardamos que este comezo de curso fose moi proveitoso e que teñades unhas moi Boas Festas!!Para poder asistir a todos os concertos será necesario que reserves a túa localidade a través do seguinte formulario…

Concerto do Coro Infantil

Logo de moito tempo sen poder gozar do noso querido coro infantil, no conservatorio estamos moi ledos de ver como os ensaios xa deron os primeiros froitos. O luns 20 de nadal ás 18:00h desfrutaremos un montón escoitando as súas fantásticas voces.Para poder asistir a este concerto será necesario que reserves a túa localidade a través do seguinte formulario…

New Music, New Paths

O sábado 18 de decembro rematará o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXIÁs 18:30h terá lugar o derradeiro concerto desta edición do ciclo a cargo de Silvia Rosani, Ramón Otero, Davor Vincze, Gabriel Bolaños, Andrés Guadarrama, Tatiana Gerasimenok. Estes magníficos intérpretes interpretarán o deguinte programa:SILVIA ROSANIO Ni inverso ni reverso* (2021) violín e electrónicaRAMÓN OTERO Unha e mil árbores* (2021)…

The Pawnshop

 O sábado 11 de decembro teremos un novo concerto do IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.Ás 18:30h a Banda Filharmónica de Lugo, na que toca un número importante de alumnado do noso conservatorio e baixo a dirección de Iván Martínez, ofrecerá un concerto co seguinte programa:.UXÍO DOMÍNGUEZ  Trémulas* (2021) bandaJOSÉ MIGUEL FAYOS Ecos de un mundo distante (2009)…

Concerto de Xurxo Morales como solista coa Real Filharmonía de Galicia

Vídeo da actuación como solista do exalumno do centro Xurxo Morales Varela coa Real Filharmonía de Galicia o 17 de Setembro de 2021 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Maximino Zumalave. Este concerto enmárcase no programa "Peregrinos Musicales".¡Noraboa Xurxo!…

Concerto de Xurxo Morales como solista coa Real Filharmonía de Galicia

Vídeo da actuación como solista do exalumno do centro Xurxo Morales Varela coa Real Filharmonía de Galicia o 17 de Setembro de 2021 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Maximino Zumalave. Este concerto enmárcase no programa "Peregrinos Musicales".¡Noraboa Xurxo!…

Sólidos e líquidos II

O sábado 4 de decembro seguirá a súa andaina o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.Ás 18:30h terá lugar un concerto a cargo do IXOR Cuarteto de saxofóns baixo a dirección musical de Pablo Coello e formado por David Luís García (soprano), Diego Garrigo (alto), Efrén Soto (tenor) e Sérgio Piñeiro (barítono).Interpretarán o seguinte programa:CHRISTOPH PENDERECKI Quartett (1993) (arranxo:…

Actividades Sta. Icía

 O luns día 22 de Novembro celebraremos o día de Sta Icía con diversas actividades no auditorio do noso conservatorio.Dende as 17:00 horas, tanto alumnado como profesorado serán protagonistas da nosa celebración.Celébrao con nós!!…

The Falls Flight

O domingo 28 novembro seguirá a súa andaina o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXIÁs 17:30h terá lugar unha charla didáctica no MIHL a cargo de Sisco Aparici e Juanjo Llopico como relatores.Unha vez rematada esta charla didáctica, ás 18:30 comezará o concerto a cargo de Panayotis Kokoras, Carlos Fontcuberta, Manuel Valenzuela e Benjamin Hackbarth co seguinte programa:PANAYOTIS…

VÍTREO – Baixo o signo do vidro

Este sábado 20 novembro comezará o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXIÁs 17:30h terá lugar unha charla didáctica no MIHL a cargo de Nuno Aroso como relator.Unha vez rematada esta charla didáctica, ás 18:30 comezará o concerto a cargo de Inés Badalo, César Camarero, Ángela Lopes, Amanda Cole e Joāo Pedro Oliveira co seguinte programa:INÉS BADALO Glass…

IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI

Partindo dunha premisa da creación renovada, o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI presenta cinco propostas que van dende a exploración da intelixencia artificial, creatividade aumentada e colaboración ser humano-máquina do concerto New Music, New Paths ata a interacción entre música e cinema de The Pawnshop, pasando por diferentes aproximacións á ciencia e tecnoloxía en Vítreo – baixo…

Música e memes con Mozart

Música e memes é, antes que nada, un proxecto que investiga novos xeitos de escoita da música clásica.Mediante un concerto didáctico no que se interpreta o Trío K. 498 Kegelstatt de Mozart, Marcos Castedo (clarinete), Diego Segade (viola) e Andrea Vilar (piano) introducirán ao público no mundo da significación musical. De maneira orixinal, estes intérpretes falarán da música axudados por…

Concerto de nadal da orquestra infantil virtual

Pois velaquí a primeira aparición da Orquestra Infantil Virtual do Cmus Xoán Montes de Lugo do curso 2020/21. E dicimos primeira porque estamos convencidos de que non será a derradeira.Aproveitamos que xa estamos en pleno período vacacional para desexarvos a todos unhas moi felices festas cun miniconcerto de dous coñecidas panxoliñas.   Recordámosvos a todos os que queiran participar nos vindeiros…