Author Archive for Vicedirección

Recital de piano. Aldara Pérez

O vindeiro martes 28 de xuño ás 19:00, a pianista Aldara Pérez ofrecerá un recital no noso conservatorio. Estades tod@s convidad@s!!Consulta aquí o programa…

Admitidos e lista de agarda do Curso Iniciación

Publícase a relación de admitid@s por grupos e a lista de agarda do Curso Iniciación, que se impartirá a partir do vindeiro mes de setembro.Pode consultar a relación de aspirantes na seguinte ligazón ou no taboleiro de anuncios do conservatorio.Admitidos e lista de agarda do Curso de Iniciación 2022/23…

Curso de iniciación gratuíto

No vindeiro curso, o CMUS Xoán Montes ofertará un curso de iniciación gratuíto destinado a nenas e nenos nados no ano 2015. O número de prazas ofertadas é de 30, que se cubrirán por orde de inscrición ata chegar ao número máximo.Para formalizar a matrícula podedes escanear o código QR que aparece na imaxe, ou premer nesta ligazón.A listaxe de…

Orquestras no Vello Cárcere

O mércores 18 de maio ás 19:00 terá lugar no Vello Cárcere un concerto no que participarán a orquestra infantil e as dúas orquestras do Grao Profesional do noso conservatorio.A entrada será gratuíta e libre ata completar a cabida da sala.Consulta aquí o programa…

Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes Lugo 2022-05-06 09:52:00

O vindeiro martes 10 de maio ás 18:30 poderemos gozar dun fantástico concerto dos coros feminino feminino e mixto no auditorio do conservatorio para celebrar o Día das LetrasGalegas. Por mor dos problemas de cabida no noso auditorio derivados do protocolo covid,a entrada do público estará limitada a unha persoa por particiante no concerto.…

Inscrición proba de acceso ás ensinanzas profesionais

Ata o vindeiro venres 6 de maio estará aberto o prazo de inscrición á proba de acceso correspondenteao primeiro curso do grao profesional. Este ano o centro incorpora a inscrición telemática que inclúe o pago en liña da taxa na oficina virtual da Axencia Tributaria Galega.As ligazóns da parte de abaixo desta publicación levan ao formulario de inscrición, a unha guía sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso, e…

Bandas no Gustavo Freire

O mércores 4 de mairo ás 19:30 terá lugar o concerto do encontro de banda no Auditorio Gustavo FreireAs dúas bandas do grao profesional: Banda Xosé Castiñeira e Banda Indalecio F. Groba interpretarán obras de Julio Montero, María Mendoza (o conto musical "la bella durmiente") e música dos Beatles.A entrada será gratuíta e será necesrio reservala na seguinte ligazón.Consulta…

Smart-Alineation

O Sábado 30 de abril ás 19:00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.PROGRAMAYannis Kyriakides The arrest (2010) ensemble, vídeo e electrónicaIgor Silva Smart-alienation (2016) ensemble, electrónica e vídeoPierre Jodlowski People/Time (2003, rev. 2016) ensemble, vídeo e electrónicaENSEMBLE IXOR Mencía Resch frauta | Diego Bermúdez, José Romero clarinete | Sergio…

ChumA

Hoxe, domingo 24 de abril poderemos asistir ás 19:00h no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.En ChumA preséntase un concerto monográfico do compositor colombiano residente en Xenebra, Daniel Zea, un dos máis activos creadores na escena multimedia internacional. No programa preséntase en exclusiva mundial a obra que da título ao concerto, o…

Xornadas de portas abertas

Do 25 ao 29 de abril teremos as xornadas de portas abertas nas que o futuro alumnado do noso conservatorio e as súas familas poderán coñecer as nosas ensinanzas xunto ás diferentes especialidades instrumentais que poden estudar no centro. …

O conservatorio na rúa!!

Dende o mércores 20 de abril ata o venres 29 de abril, distintas agrupacións instrumentais do noso centro actuarán nas rúas do centro da cidade de Lugo.…

Presentación de O toque pechado de Pablo Seoane

O luns 25 de abril ás 19:30 terá lugar no auditorio do conservatorio a presentación do libro O toque pechado de Pablo Seoane.Logo de 2 anos de intenso traballo, Pablo Seoane decide editar este traballo coa idea de poder axudar a todo@s @s gaiteir@s que se propoñan aprender ou mellorar no toque pechado para a gaita de fol galega. A…

Un ruído estrano e sagrado

O Sábado 9 de abril ás 19:00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.O ruído -son complexo e aperiódico- tócanos e móvenos de xeitos profundos e misteriosos. Un ruido estrano e sagrado é unha celebración do ruído como metáfora dos fenómenos turbulentos do mundo que nos rodea, e unha porta…

Estudos Coreográficos

O Sábado 2 de abril poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.18:30. CHARLA DIDÁCTICAMiquel Bernat, percusionista de renome, explicará o proxecto que presenta nesta edición do MIHLSONS e que inclúe música de Polo Vallejo, Luís Tinoco, José Manuel López López, Guillermo Lauzurica, Pedro Lima, Vasco Mendoça.19:00. CONCERTOPrograma:- Polo Vallejo Tactus (2006)…

Xornadas de portas abertas 2022

Dende hoxe, luns 28 de marzo e ata o venres 1 de abril, está aberto o prazo para inscribirse nas Xornadas de portas abertas 2022 do Conservatorio Profesional Xoán Montes de Música de Lugo.Estas xornadas están pensadas para que o futur alumnado do noso conservatorio e as súas familas coñezan as nosas ensinanzas xunto ás diferentes especialidades instrumentais que poden…

Estudos de concerto: Clase maxistral de Miquel Bernat

O vindeiro luns 4 de abril, teremos a fortuna de contar con Miquel Bernat no noso conservatorio, onde impartirá entre as 19:00 e as 20:30 a clase maxistral Estudos de concerto, que parte dunha longa investigación que supón un auténtico fito no desenvolvemento das posibilidades técnicas e expresivas da marimba, sendo concebida, ademáis, como un proxecto de divulgación do instrumento apoiado pola…

Concerto de Lorenzo Mesaguer e Virginia del Cura

O vindeiro luns 28 de marzo ás 20:00 teremos o pracer de disfrutar dun concerto de violonchelos a cargo de Lorenzo Mesaguer e Virginia del Cura no auditorio do conservatorio.A entrada será libre ata completar a cabida e lembrade que é necesario reservar a localidade.Podedes facer a reserva na seguinte ligazón.…

Muller e instrumentos de vento no S.XX. Olvidadas ou ignoradas?

O xoves 24 de marzo teremos a oportunidade de aprender e gozar coa interesantísima Conferencia-concerto Muller e instrumentos de vento no S.XX a cargo de Antonio Fernández e Ferbelia Ensemble.O pasado século XX foi un dos máis prolíficos na literatura para os instrumentos de vento-madeira e, coa aportación dunha perspectiva de xénero, podemos dicir que foron moitas as mulleres que…

X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo. MIHLSons-XXI

Durante o mes de abril terá lugar o X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.A idea unificadora dos catro concertos presentados no X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo «MIHLSons-XXI» é a de explorar e trascender as nocións habitualmente asociadas á relación música-espazo, para o cal contaremos cun marco arquitectónico tan especial como a Caixa Negra do MIHL. Desta forma, cada…

Mundo pequeno

O sábado 26 de marzo ás 19.00h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do Ciclo Latexos 22. Vertixe Sonora presenta en estreas absolutas as novas composicións para este proxecto de Lula Romero, Luc Döbereiner e Jeremías Iturra, xunto a estrea en Europa da composición de Wolf Edwards.A partires da idea de mundo pequeño, das conexións entre diferentes elementos que…

Concerto do coro infantil

O vindeiro luns 21 de marzo ás 18:00 poderemos gozar dun fantástico concerto do coro infantil no auditorio do conservatorio. Lembra reservar a túa entrada!! (podes facelo dende aquí)…

24 compases pola paz

O vindeiro martes día 15 ás 17:30, sairemos ós corredores do conservatorio para facer un canto conxunto en prol da paz interpretando o «Dona nobis pacem», atribuído a Mozart.Animádevos a participar nesta iniciativa!!Podedes descargar aquí a partitura…

Concerto do Día da Muller

O martes 8 de marzo ás 18:00 celebraremos o Día da muller cun marabilloso concerto no auditorio do conservatorio a cargo de Cantar Delas e o Coro Feminino do CMUS Xoán Montes.A entrada será libre ata completar a cabida do auditorio e lembrade que é necesario reservar a localidade.Podedes facer a reserva na seguinte ligazón.…

Curso con Lorenzo Meseguer

Os días 26 e 27 de marzo Lorenzo Mesaguer impartirá un curso de violonchelo e música de cámara no auditorio do noso conservatorio.Lorenzo é Catedrático de violonchelo no Conservatorio Superior de Música de Castela e León e compaxina a docencia coa súa carreira concertista sendo membro do “Balthasar Neumann Ensemble” de Freiburg e da “City of Birmingham Symphony Orchestra”…

Día de Rosalía

Onte, día 23 de febreiro, cumplíronse 185 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Ó día seguinte (tal día coma hoxe, un 24 de febreiro de 1837) era bautizada na capela do Hospital Real de Santiago de Compostela (hoxe en día o Hostal dos reis Católicos). Dende o conservatorio queremos facer a nosa pequena contribución para celebrar o "Día de Rosalía".…

Clase Maxistral de Miquel Bernat no CMUS

Miquel Bernat é un dos maiores impulsores da percusión no panorama internacional, contribuíndo á súa difusión e consolidación como medio artístico. No seu traballo abarca áreas como a dirección, docencia, composición e interpretación nos máis diversos tipos de música que inclúen a académica, experimental con electrónica e popular, interactuando con diversas áreas artísticas.O vindeiro luns 4 de abril, teremos…

Tremor

O domingo 13 de febreiro ás 19.00h poderemos asistir no Auditorio do noso conservatorio a un novo concerto do Ciclo Latexos 22.O concerto, que estará a cargo de Vertixe Sonora, será de balde e nel interpretarase o seguinte programa:Tianyu Zou (1996) | Quintet* [2021] para saxofón, acordeón, guitarra eléctrica, piano e percusiónHeather B. Frasch (1980) | Quivering** [2016] para saxofón, guitarra eléctrica,…

DUDUK

Coñecedes o duduk?O noso coordinador do EDLG, Abraham Cupeiro, preséntanos nesta semana o duduk, un instrumento armenio de son marabilloso que está protexido pola UNESCO como ben inmaterial.…

Presentación do Cornetto

Coñecedes o cornetto?O noso coordinador do EDLG, Abraham Cupeiro, fainos unha fantástica presentación deste instrumento.…

Bandas no Gustavo Freire

O mércores 19 de xaneiro ás 19:30 terá lugar o concerto do encontro de banda no Auditorio Gustavo FreireAs dúas bandas do grao profesional: Banda Xosé Castiñeira e Banda Indalecio F. Groba interpretarán un interesante programa inspirado no Renacemento.A entrada será gratuíta e será necesrio reservala na seguinte ligazón…

New Music Blind Date

O venres 21 de xaneiro ás 20.30h poderemos asistir no Mihl a un novo concerto do Ciclo Latexos 22.O concerto, que será de balde, estará a cargo de Vertixe Sonora e New Babylon Ensemble e interpretarán o seguinte programa:Ramón Souto BLIND (2021) ensemble e dispositivos electrónicosÂngela da Ponte Interaction (2021) ensemble e electrónicaAlexander F. Müller If there’s no one else to blame… II (2021)…

Comezamos o ano "De parola"

"De parola" é un espazo de dinamización da Biblioteca do CMUS Xoán Montes no que se fan entrevistas a persoas relacionadas coa música, literatura ou temas de actualidade.Nesta ocasión estivemos de parola con Andrea Vilar, Diego Segade e Marcos Castedo. Tres fantásticos músicos e antigos alumnos do noso conservatorio que decidiron unirse para presentarnos "Música e memes", que é un proxecto…

Nadal co EDLG

Que mellor que felicitar estas festas coa música dunha panxoliña, e si por riba está interpretada polo noso compañeiro Abraham Cupeiro o festexo xa é fantástico....Aproveitamos esta publicación na nosa web para dar a coñecer a visita que fixo Abraham ó Conservatorio Xan Viaño de Ferrol representando ó noso centro en calidade de Coordinador do EDLG.Alí emocionou ó público…

Felices Festas!

Dende o CMUS Xoán Montes desexamos que teñades un moi Bo Nadal e que o novo ano veña cheo de música, paz, saúde e milleiros de cousas boas. …

Reserva de entradas!!

Xa está dispoñible na columna esquerda da páxina web a ligazón para poder reservar entradas nas actividades que sexa necesario:Tamén podedes atopala na axenda de actividades:

Concertos de Nadal!

O luns día 20 e martes día 22 celebraremos o Nadal con distintos concertos no noso auditorio. Agardamos que este comezo de curso fose moi proveitoso e que teñades unhas moi Boas Festas!!Para poder asistir a todos os concertos será necesario que reserves a túa localidade a través do seguinte formulario…

Concerto do Coro Infantil

Logo de moito tempo sen poder gozar do noso querido coro infantil, no conservatorio estamos moi ledos de ver como os ensaios xa deron os primeiros froitos. O luns 20 de nadal ás 18:00h desfrutaremos un montón escoitando as súas fantásticas voces.Para poder asistir a este concerto será necesario que reserves a túa localidade a través do seguinte formulario…

New Music, New Paths

O sábado 18 de decembro rematará o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXIÁs 18:30h terá lugar o derradeiro concerto desta edición do ciclo a cargo de Silvia Rosani, Ramón Otero, Davor Vincze, Gabriel Bolaños, Andrés Guadarrama, Tatiana Gerasimenok. Estes magníficos intérpretes interpretarán o deguinte programa:SILVIA ROSANIO Ni inverso ni reverso* (2021) violín e electrónicaRAMÓN OTERO Unha e mil árbores* (2021)…

The Pawnshop

 O sábado 11 de decembro teremos un novo concerto do IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.Ás 18:30h a Banda Filharmónica de Lugo, na que toca un número importante de alumnado do noso conservatorio e baixo a dirección de Iván Martínez, ofrecerá un concerto co seguinte programa:.UXÍO DOMÍNGUEZ  Trémulas* (2021) bandaJOSÉ MIGUEL FAYOS Ecos de un mundo distante (2009)…

Sólidos e líquidos II

O sábado 4 de decembro seguirá a súa andaina o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI.Ás 18:30h terá lugar un concerto a cargo do IXOR Cuarteto de saxofóns baixo a dirección musical de Pablo Coello e formado por David Luís García (soprano), Diego Garrigo (alto), Efrén Soto (tenor) e Sérgio Piñeiro (barítono).Interpretarán o seguinte programa:CHRISTOPH PENDERECKI Quartett (1993) (arranxo:…

Aviso para o público asistente a actividades no CMUS

O público accederá ó conservatorio dende o exterior pola porta da planta baixa situada na parte dereita da fachada, agás as persoas que presenten mobilidade reducida.O acceso ó auditorio será únicamente a través da porta situada na planta 1.Levarase un rexistro do público asistente (profesorado de garda).As persoas asistentes terán que ter en todo momento a máscara colocada correctamente na…

Actividades Sta. Icía

 O luns día 22 de Novembro celebraremos o día de Sta Icía con diversas actividades no auditorio do noso conservatorio.Dende as 17:00 horas, tanto alumnado como profesorado serán protagonistas da nosa celebración.Celébrao con nós!!…

The Falls Flight

O domingo 28 novembro seguirá a súa andaina o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXIÁs 17:30h terá lugar unha charla didáctica no MIHL a cargo de Sisco Aparici e Juanjo Llopico como relatores.Unha vez rematada esta charla didáctica, ás 18:30 comezará o concerto a cargo de Panayotis Kokoras, Carlos Fontcuberta, Manuel Valenzuela e Benjamin Hackbarth co seguinte programa:PANAYOTIS…

VÍTREO – Baixo o signo do vidro

Este sábado 20 novembro comezará o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXIÁs 17:30h terá lugar unha charla didáctica no MIHL a cargo de Nuno Aroso como relator.Unha vez rematada esta charla didáctica, ás 18:30 comezará o concerto a cargo de Inés Badalo, César Camarero, Ángela Lopes, Amanda Cole e Joāo Pedro Oliveira co seguinte programa:INÉS BADALO Glass…

IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI

Partindo dunha premisa da creación renovada, o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI presenta cinco propostas que van dende a exploración da intelixencia artificial, creatividade aumentada e colaboración ser humano-máquina do concerto New Music, New Paths ata a interacción entre música e cinema de The Pawnshop, pasando por diferentes aproximacións á ciencia e tecnoloxía en Vítreo – baixo…

Volve a Banda Infantil!!!

O día 2 de Novembro comezamos os ensaios coa Banda Infantil, que serán todos os martes de 17:00 a 19:00 na Aula de Orquestra.Si eres alumno/a do Grao Elemental de calquera especialidade de vento madeira, vento metal ou percusión, anótate para participar enviando un correo electrónico co teu nome, curso e especialidade na que estás matriculado ó mail: vicedireccion@cmusxoanmonteslugo.edu.es…

Big Band e Danza

Da colaboración da Big Band do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo co Conservatorio Profesional de Danza de Lugo xorde esta peza audiovisual na que se mesturan de xeito maxistral a música e a danza."Sing, sing, sing" foi composta e gravada no ano 1936 polo trompetista Louis Prima (o rei do swing) e un ano máis tarde polo…

Música e memes con Mozart

Música e memes é, antes que nada, un proxecto que investiga novos xeitos de escoita da música clásica.Mediante un concerto didáctico no que se interpreta o Trío K. 498 Kegelstatt de Mozart, Marcos Castedo (clarinete), Diego Segade (viola) e Andrea Vilar (piano) introducirán ao público no mundo da significación musical. De maneira orixinal, estes intérpretes falarán da música axudados por…

Retomamos a Orquestra infantil!!

O día 29 de Outubro comezamos os ensaios coa Orquestra Infantil, que serán todos os venres de 16:30 a 18:00 na Biblioteca.Si eres alumno/a do Grao Elemental de violín, viola, violoncello ou contrabaixo, anótate para participar enviando un correo electrónico co teu nome, curso e especialidade na que estás matriculado ó mail:  vicedireccion@cmusxoanmonteslugo.edu.es…

LATEXOS 21

ALÉN. Obradoiros instrumentais de música contemporánea 2021 Clases maxistrais. Venres 24 Setembro ás 19:00HEste venres teremos dúas charlas-demostración a cargo de Clara Saleiro e Roberto Alonso para adentrarse adentrarse na frauta e no violín do noso tempo respectivamente.Cada unha das charlas terá unha duración de 90 minutos e tratarán contidos como a evolución do repertorio da frauta e do violín ata…

Apúntate ao Coro Infantil!!

O día 4 de Outubro comezamos os ensaios co Coro Infantil, que serán todos os luns de 17:00 a 18:00 na Biblioteca.Si eres alumno do Grao Elemental, apúntate para participar enviando un correo electrónico ata o día 1 de Outubro co teu nome e curso no que estás matriculado a vicedireccion@cmusxoanmonteslugo.edu.es…

Actividade "O concerto na rúa"

 Ao fin, a nosa música sairá das nosas aulas e nos reencontraremos co público. Estades convidados a acompañarnos nas rúas da cidade de Lugo, sempre respectando as distancias de seguridade!!GRAZAS á Concellería de Turismo, Cultura e Promoción da Lingua por ser tan serviciales e colaborativos.

Curso de iniciación ao canto

A nosa profesora de CANTO, Lourdes Santos vainos amosar como utilizar a voz como instrumento musical.  Esta introducción ao canto realizarase os vindeiros venres 9 e 16 de abril, en horario de 18.30h a 20.30h. A formación levarase a cabo de xeito telemático e é gratuita.A inscrición está aberta ao alumnado do CMUS Xoán Montes e a persoas alleas a el sempre que…

Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes Lugo 2021-04-06 20:47:00

 Exposición Artística Os Representantes do Alumnado, coñecedores e conscientes das diferentes formas de expresión artística do noso alumnado, organizan a primeira "Exposición artística".O alumnado poderá participar aportando as súas propias obras segundo as seguintes disciplinas artísticas:
● Artes visuais en formato físico ou dixital (debuxo, pintura e fotografía).
● Literatura escrita ou lida polo seu autor/a nunha gravación (poesía, narrativa e microteatro).

Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes Lugo 2021-03-08 14:02:00

      MULLERES COMPOSITORASno CMUS Xoán MontesDende hoxe, Día Internacional da Muller, e durante todo o mes de marzo, todo o alumnado do Cmus está convidado a participar na actividade CompositorAs 2021!As normas son sinxelas:           1. Grávate tocando no teu instrumento unha obra dunha compositora que che guste. Pode ser a obra enteira, un movemento ou unha pasaxe. Tamén se admiten montaxes…

Solicitude de espazos do CMUS para membros da nosa Comunidade Educativa

Debido á situación sanitaria que estamos a vivir, durante este curso académico, as cabinas de estudo están inhabilitadas agás para o alumnado de percusión. O resto de alumnado ou profesorado que necesite un espazo para estudar derivado de circunstancias extraordinarias é necesario que o solicite a través do seguinte formulario:Solicitude de espazo.Debido tamén a esta situación sanitaria e ás…