Agardámosvos no auditorio José Arriola do noso conservatorio para conmemorar unha data moi especial: o Día Escolar da Paz e a non violencia.Como centro educativo temos que ter moi presentes os valores de respecto a todas as culturas, as crenzas, as ideoloxías...e como non, do cumprimento dos dereitos humanos.Debido a situación en Ucraína, o noso concerto está dedicado a todos… Concerto pola Paz
Agardámosvos no auditorio José Arriola do noso conservatorio para conmemorar unha data moi especial: o Día Escolar da Paz e a non violencia.Como centro educativo temos que ter moi presentes os valores de respecto a todas as culturas, as crenzas, as ideoloxías...e como non, do cumprimento dos dereitos humanos.Debido a situación en Ucraína, o noso concerto está dedicado a todos… 
Xa podemos anunciar un concerto ao que acudimos con moita ilusión: o concerto co Coro de nenos e nenas da Banda Filarmónica de Lugo. Non vos perdades a estes dous coros que compartirán unha mañá musical no Círculo das Artes de Lugo o domingo 16 de febreiro. O concerto é ás 12.30. …
Chegou un dos concertos máis especiais para O Peque Coro: o concerto con motivo do Día Escolar pola Paz.O xoves 30 de Xaneiro ás 20.00 ofreceremos o noso concerto no que a través de distintas obras reflexionaremos sobre o que sigue a acontecer aos nenos e nenas que teñen que emigrar na procura dun mundo que lles ofreza unha oportunidade. Reflexionando…
Un ano máis O Peque Coro non pode faltar no Concerto das Letras Galegas que organiza o Equipo de Dinamización da Língua, coordinado por Alma Cendán.Esta edición está adicada a Antón Fraguas: Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros,…
Por fin se achega o Encontro de Coros Infantís e Xuvenís! Como podedes ver no cartaz, coa fermosísima ilustración que fixo para nós Soraya García Riveiros, nesta cuarta edición reuniránse as voces dos nenos e nenas do Concerto Tempiño, do Coro Peque Solidarium e do Peque Coro do Xan Viaño. Tamén disfrutaremos coas voces dos mozos e mozas do Coro Solidarium…
O sábado 16 de Febreiro recibimos no auditorio do noso conservatorio ao Coro de nenos da Banda Filarmónica de Lugo dirixidos por Henar Matesanz. Un encontro coral que todos agardamos con moita ilusión. .…
A próxima semana no conservatorio celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, recordando que un 30 de xaneiro morrera o pacifista Mahatma Gandhi.O Peque Coro interpretará diversas obras que tratan diversos temas sobre a necesaria educación en valores; unha educación pola Paz, pola tolerancia, pola igualdade entre sexos, razas e culturas que é imprescindible xa que os…
Como previo ao Nadal, o Concello de Ferrol dende a Área de Benestar Social, organiza o concerto que reúne a distintas xeracións: a Mostra de Corais de Persoas Maiores. Un concerto no que participamos moi ilusionados xa que o público nos recibe con entusiasmo. Dende o escenario sentimos tódalas emocións que invaden o Auditorio de Ferrol. Intentaremos un ano máis ofrecer…
Aínda non puideches escoitarnos este curso? Pois aínda podes facelo!O próximo luns 11 de Xuño ás 20.00 no auditorio do noso conservatorio ofreceremos un concerto no que agardamos que disfrutedes tanto coma nós.…
Este venres 1 de Xuño tódolos nenos e nenas dos coros dos Conservatorios Profesionais de Música de Galicia encherán Betanzos na edición de "No bico un cantar". A actividade ten como obxectivo transmitir aos máis novos a paixón pola música e poesía galega. Os fermosos alalás de Camariñas, Muxía, e o alalá das Mariñas serán interpretados baixo a dirección de…
O próximo mércores 16 de Maio terá lugar no noso conservatorio o Recital das Letras Galegas. O Peque Coro (tanto os máis peques como os veteranos) cantarán no concerto das 20.30h.@s pequecoristas deberán chegar ás 19.30hO cartaz que acompaña a esta publicación foi deseñado por Abi Castillo para Editorial Galaxia onde aparece María Victoria Moreno, mestra e escritora de libros…
Parabéns queridísim@s pequecoristas por esa mención honorífica na Mostra Musical do Eixo Atlántico obtida en Vila Real (Portugal).Foron meses de intenso traballo mais chegou a recompensa non só polo recoñecemento musical senon pola experiencia de compartir xuntos esta viaxe onde vivimos moitos momentos musicais.
Un ano máis o Departamento de Convivencia do noso Cmus organizou durante toda esta semana concertos adicados á Paz. Mañá tócanos a nós.O Peque Coro ofrecerá un concerto moi emotivo no que tódolos pequecoristas cantarán harmonías marabillosas soñando cun mundo no que todos poidamos vivir en harmonía.Agardámosvos mañá ás 19.00 no Auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño.…