Author Archive for Catuxa

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Hoxe, no día de Santa Icía, a patrona dos músicos, queremos lembrar a mañá na que nos erguemos e descubrimos ao invasor. Os mozos e mozas do Peque Coro in crescendo cantaban Bella Ciao, un canto tradicional italiano asociado á resistencia antifascista.Sen pretender banalizar co Bella Ciao, xa que o tema merece sempre un profundo respeto e necesidade de recoñecemento histórico…

Peque Coro en tempos de confinamento

 O Peque Coro quixo adicar a tódolos nenos e nenas unha ola de esperanza na súa loita valente e responsable contra o COVID-19.Seguimos nesa loita...e facendo uso desa responsabilidade, aínda non podemos xuntarnos para desfrutar de facer música todos xuntos. Aínda non podemos desfrutar compartindo ensaios e concertos, mais agardamos con esperanza esa volta.Así cantaban os pequecoristas dende as…

Peque Coro e o Coro de nenos da Banda Filarmónica de Lugo

Xa podemos anunciar un concerto ao que acudimos con moita ilusión: o concerto co Coro de nenos e nenas da Banda Filarmónica de Lugo. Non vos perdades a estes dous coros que compartirán unha mañá musical no Círculo das Artes de Lugo o domingo 16 de febreiro. O concerto é ás 12.30. …

O Peque Coro pola Paz

Chegou un dos concertos máis especiais para O Peque Coro: o concerto con motivo do Día Escolar pola Paz.O xoves 30 de Xaneiro ás 20.00 ofreceremos o noso concerto no que a través de distintas obras reflexionaremos sobre o que sigue a acontecer aos nenos e nenas que teñen que emigrar na procura dun mundo que lles ofreza unha oportunidade. Reflexionando…

Pequecoristas cantan na Raia

A séptima edición de "No bico un cantar" que organiza o Consello da Cultura Galega e maila Consellería de Educación celebrarase mañá 7 de Xuño ás 17.30 en Tui. Nenos e nenas chegados de tódolos recunchos de Galicia e nenos e nenas de Portugal cantarán acompañados polo quinteto de metais Hercules Brass e dirixidos baixo a dirección de Maximino Zumalave.O…

O Peque Coro cantando polas Letras Galegas

Un ano máis O Peque Coro non pode faltar no Concerto das Letras Galegas que organiza o Equipo de Dinamización da Língua, coordinado por Alma Cendán.Esta edición está adicada a Antón Fraguas: Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros,…

IV Encontro de Coros Infantís e Xuvenís

Por fin se achega o Encontro de Coros Infantís e Xuvenís! Como podedes ver no cartaz, coa fermosísima ilustración que fixo para nós Soraya García Riveiros, nesta cuarta edición reuniránse as voces dos nenos e nenas do Concerto Tempiño, do Coro Peque Solidarium e do Peque Coro do Xan Viaño. Tamén disfrutaremos coas voces dos mozos e mozas do Coro Solidarium…

O Peque Coro na IX Música pola Paz

A próxima semana no conservatorio celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz,  recordando que un 30 de xaneiro morrera o pacifista Mahatma Gandhi.O Peque Coro interpretará diversas obras que tratan diversos temas sobre a necesaria educación en valores; unha educación pola Paz, pola tolerancia, pola igualdade entre sexos, razas e culturas que é imprescindible xa que os…

O Peque Coro na Mostra de Corais de Persoas Maiores

Como previo ao Nadal, o Concello de Ferrol dende a Área de Benestar Social, organiza o concerto que reúne a distintas xeracións: a Mostra de Corais de Persoas Maiores. Un concerto no que participamos moi ilusionados xa que o público nos recibe con entusiasmo. Dende o escenario sentimos tódalas emocións que invaden o Auditorio de Ferrol. Intentaremos un ano máis ofrecer…

Ensaio 17 de Novembro

Querid@s pequecoristas:Mañá temos un ensaio extraordinario no auditorio do noso conservatorio.Peque Coro in crescendo está convocado de 10.00 a 14.00 e @s pequecoristas de 1º a 4º Grao Elemental de 12.00 a 14.00.Ata mañá!…

Novo CD: O Peque Coro do Xan Viaño 2017-2018

Tódolos membros do Peque Coro recordaremos este curso como un ano de intenso traballo mais cheo de  momentos moi gratificantes. Para os que comparten con nós as nosas ledicias, poden recordar mellor o repertorio deste curso grazas ao novo cd. Un ano máis, cd gravado e masterizado por Suso Iglesias. Tamén son as fotografías da súa autoría. O diseño gráfico é…

Xa chega o Ecocampamento Coral

Querid@s pequecoristas: por fin chega o noso campamento!. Este ano conviviremos en Aldeanova, un parque temático no que coidaremos aos animais, atenderemos a horta, elaboraremos pan...e polas mañás adicarémonos ao noso: canto coral!Este venres 22 de Xuño ás 18.00 reunirémonos cos cosas vosas nais e pais para dar máis información no auditorio do noso conservatorio.…

Último concerto deste curso

Aínda non puideches escoitarnos este curso? Pois aínda podes facelo!O  próximo luns 11 de Xuño ás 20.00 no auditorio do noso conservatorio ofreceremos un concerto no que agardamos que disfrutedes tanto coma nós.…

No bico un cantar 2018: Alalás en Betanzos

Este venres 1 de Xuño tódolos nenos e nenas dos coros dos Conservatorios Profesionais de Música de Galicia encherán Betanzos na edición de "No bico un cantar". A actividade ten como obxectivo transmitir aos máis novos a paixón pola música e poesía galega.  Os fermosos alalás de Camariñas, Muxía, e o alalá das Mariñas serán interpretados baixo a dirección de…

O Peque Coro en clave galega

Coincidindo coas Letra Galegas, O Peque Coro presenta o seu cd O Peque Coro en clave galega. Un cd recopilatorio con gravacións dende o ano 2013 ata o 2017.Grazas ao Equipo de Dinaminazación da Língua Galega, coordinado por Alma Cendán, puidemos levar adiante este proxecto.Un proxecto que contou cos deseños gráficos de Marta González Pérez, quen por amor ás artes…

Recital das Letras Galegas

O próximo mércores 16 de Maio terá lugar no noso conservatorio o Recital das Letras Gelegas. O Peque Coro (tanto os máis peques como os veteranos) cantarán no concerto das 20.00h.@s pequecoristas deberán chegar ás 19.30hO cartaz que acompaña a esta publicación foi deseñado por Abi Castillo para Editorial Galaxia onde aparece María Victoria Moreno, mestra e escritora de libros…

Mención honorífica en Vila Real

Parabéns queridísim@s pequecoristas por esa mención honorífica na Mostra Musical do Eixo Atlántico obtida en Vila Real (Portugal).Foron meses de intenso traballo mais chegou a recompensa non só polo recoñecemento musical senon pola experiencia de compartir xuntos esta viaxe onde vivimos moitos momentos musicais.

Cancelación do Ensaio do 4 de Maio

Queridísim@s pequecoristas do Peque Coro I:Recordade que o ensaio deste venres 4 de Maio queda cancelado xa que viaxamos o Peque Coro in crescendo ata Vila Real para participar na Mostra Musical do Eixo Atlántico. Xa vos contaremos a nosa experiencia, e como sabedes, xa chegará o voso momento. Nesta ocasión son os veteranos os representantes da nosa agrupación.Ata o ensaio…

Ensaio extraordinario: sábado 21 de Abril

Querid@s pequecoristas in crescendo: aínda temos que facer un esforzo maior para a nosa participación na Mostra do Eixo Atlántico. Polo que temos que quedades convocados a un ensaio extraordinario de 10.00 a 18.00 este sábado 21 de Abril.…

Prazo de preinscripción no Ecocampamento Coral

Comeza mañá, luns 9 de Abril, o prazo de preinscripción no Ecocampamento Coral. Un campamento no que os pequecoristas adicaremos tódalas mañás ao canto coral. Polas tardes, teredes que atender aos animais da granxa, aos cultivos do orto, á apicultura ademáis de realizar os talleres de pan, de astronomía, de cultura castreña. Unha semana con moita diversión e traballo nun entorno marabilloso.Se queredes ver…

Ensaio extraordinario

Queridísim@s pequecoristas in crescendo: para preparar a nosa participación na Mostra Musical de Eixo Atlántico é necesario redobrar esforzos.Este sábado ensaiaremos de 10.00 a 14.00.Xa falta menos! …

Concerto pola Día da Paz

Un ano máis o Departamento de Convivencia do noso Cmus organizou durante toda esta semana concertos adicados á Paz. Mañá tócanos a nós.O Peque Coro ofrecerá un concerto moi emotivo no que tódolos pequecoristas cantarán harmonías marabillosas soñando cun mundo no que todos poidamos vivir en harmonía.Agardámosvos mañá ás 19.00 no Auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño.…

2º premio en Vindevídeos

Co gallo da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar en Vigo, a secretaría xeral de Política Lingüística convocaba un concurso de vídeos para difundir o valor da lírica trobadoresca.Por cumprir cos requisitos, participamos só os pequecoristas máis veteranos, O Peque Coro in crescendo.Embarcámonos neste proxecto con moita ilusión e esforzo: arranxos musicais para crear a nosa versión das…

Regreso do Peque Coro

Un ano máis regresa o Peque Coro. Esta tarde haberá unha reunión con tódolas nais e pais ás 18.30 no Auditorio do noso Cmus. A continuación (ás 19.00) retomamos os ensaios con moita ilusión por voltar a compartir momentos musicais. Benvidos ós veteranos e mais a aqueles novos pequecoristas que se aproximan por vez primeira ó Peque Coro.…